10 de Novembro: o coronavirus continúa desacelerando no Carballiño (-12) que sitúa hoxe o número de enfermos en 46. O municipio mellora nos índicadores no Semáforo Covid tanto aos 7 como aos últimos 14 dias
O coronavirus continúa desacelerando no concello do Carballiño, hoxe martes son 12 persoas enfermas menos que onte, o que deixa cifra actualizada en 46 casos activos. As altas continúan superando con creces aos novos contaxios, e de feito por primeiro dia dende que se implantou o Semáforo Covid do Sergas, O Carballiño abandona o nivel vermello de máxima alerta e pasa a nivel 2, o laranxa, no indicador dos últimos 14 dias, mentres que no indicador a 7 dias contiúa hoxe xa por terceiro dia nos últimos catro no mesmo nivel 2 de alerta.
Na comarca, tamén baixan en contaxios activos en relación a onte San Cristovo de Cea (-1) e queda con 8, e San Amaro (-1) e quédase cun único caso. E aumentan hoxe Boborás (+2) (10) Maside (+1) (3) e O Irixo (+1) (3).
Non se rexistran variacións no número de casos activos de Covid-19 nos outros concellos: Beariz (3) Piñor (6) e Punxín (2)