O Arenteiro, que xogou toda a segunda parte con 10 pola expulsión de Pol, suma un punto na Estrada

15, Novembro 2020

O partido púxoselle moi pronto en contra ao Arenteiro  porque apenas ían 7 minutos xogados cando o Estrandense logrou adiantarse no marcador, o primeiro gol que encaixa o gardameta Diego Garcia, que nada pudo facer para evitalo, e tiveron que agardar os verdes ata os minutos finais para que o dianteiro Sylla, cun golazo de cabeza, rescatase un punto.
Cun gol tan cedo, ao equipo local encontrouse moi pronto co partido de cara, co mellor guión posible para buscar un segundo gol que lle houbese posto en franquicia o marcador, aínda que nesta primeira parte as ocasións foron escasas ante ambas porterias, aínda que os verdes reclamaron con vehemencia un penalti sobre Rubén Arce na área local, pero o árbitro desentendeuse da xogada. E un chisco antes do descanso, outra xogada clave, o Arenteiro quedábase en inferioridade no campo por expulsión de Pol, tras ver o carballiñés o segundo cartón amarelo nunha acción innecesaria sobre un dianteiro local que nin xiquera tiña o balón. O partido complicábase aínda máis.

Pero todo cámbeou tras pasar por vestiarios, o Arenteiro comezou a facerse claro dominador do partido, co Estradense metido no seu campo e esperando poder sentenciar á contra, mentres os verdes asediaban a portería local con varias ocasións para lograr o empate, que non chegaría ata o minuto 89 cando Sylla, cun gran cabezazo, fixo inútil a estirada do meta Cascallar, que apenas unhos minutos antes evitara o gol do Arenteiro cunha incríble man á cepa do poste nun remate de Renan. Antes, Javi Pazos, por dúas veces, e mesmo Álex Fernández, a balón parado, estiveron preto do gol, que se lle resistía aos verdes. Unha meritoria segunda partde dos verdes, xogando en inferioridade númerica, e non perdendolle a cara o partido en ningún momento.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...