O concello de Maside conmemora con diversas actividades o "Dia internacional contra a violencia de xénero"
O Concello de Maside leva a traballar na promoción da igualdade de xénero e contra as violencias machistas dende fai anos. Dende o grupo de goberno considérase imprescindible o traballo neste eido de maneira trasversal en tódolas áreas que abarca o traballo municipal, é por elo que quere darlle visibilidade a ese traballo agora que se acerca o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N), para que toda a poboación se faga eco da labor desenvolta ata o de agora.
O Concello de Maside comezará a semana estreando un novo sistema de alumeado led na fachada do edificio consistorial que permite que o edificio do concello adquira unha cor morada para conmemorar o 25N. O luns día 23 de novembro o Concello de Maside organiza “Entre Mulleres Anda o Xogo”, para nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria do CPI Terras de Maside onde se traballarán os valores da Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres. O Concello de Maside ven de por en marcha unha campaña de promoción da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero: Maside Libre de Violencias Machistas en colaboración cos distintos negocios, comercios, do municipio.
Elaborouse un logo que pretende ser a imaxe de Maside na loita contra a Violencia Machista. Este logo foi impreso en pegatinas que se entregarán ó longo dos vindeiros días a tódolos negocios do municipio para que estes a luzan nos escaparates. Así tamén se elaboraron bolsas co mesmo logotipo para entregar a tódolos comercios e que as repartan entre a súa clientela, estas tamén estarán a disposición de calquera cidadán interesado nas oficinas dos Servizos Sociais a onde poderán dirixirse para solicitar a súa. Outra das actuacións emprendidas foi a edición dun video promocional coa colaboración das mulleres do municipio, onde as protagonistas son veciñas do concello. Elas son as que ante situacións de maltrato, violencia contra as mulleres ou cativos levantan a súa voz #EuTamenDouACara. Este esperamos sexa o primeiro dunha serie de spots que promocionen a Igualdade e a Non Violencia contra as Mulleres onde os protagonistas sexan os nosos veciños/as, onde eles se sintan participes das actuacións que neste eido se poñen en marcha. Todas estas actuacións contan coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.