Comeza o xuízo aos exalcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, e a outros tres exconcelleiros socialistas, acusados de prevaricación na contratación de personal no concello entre 1999 e 2011
Comeza este lúns 23 de Novembro a vista oral no Xulgado Nº 2 de Ourense que se prolongará durante once dias no xuízo aos exalcaldes do concello do Carballiño Pachi Vázquez e Carlos Montes, e a outros tres exconcelleiros socialistas que no seu dia tiveron responsabilidades na contratación de persoal, de todos eles tan só Pachi Vazquez continúa na vida politica activa, agora como concelleiro de Espazo Comun, a formación política que promoveu tras abandonar o PSOE.
Todos eles enfróntanse a unha petición de penas de inhabilitación especial para emprego e cargo público que oscilan entre os 10 anos e os 8 anos e 9 meses, a fiscalía acusaos de cometer un delito de prevaricación continuada nun total de 60 contratos de traballadores no concello carballiñés, entre 1999 e 2011. A acusación entende que os traballadores conseguiron os seus postos no concello do Carballiño sen que se tivesen en conta requisitos básicos para a contratación pública, como a publicidade nos procedementos, para que todas as persoas poidesen acceder aos postos de traballos dacorde aos principios de mérito e de capacidade. Os acusados consideran que sí se respectaron os principios constitucionais nos diversos procedementos.
Ademáis dos cinco responsables municipais aos que se xulga, ante a Xuíza do Xulgado do Penal nº 2 tamén deberán declaran 70 testigos.