E isto como se come...
Hoxe, se queres facer unha poda para un aproveitamento forestal de uso doméstico tes que solicitalo a Medio Rural. Ata ahí todo ben, os que somos responsables estamos pola labor. Pero a sorpresa é que non te atenden de maneira presencial e física. Tes que solicitalo si ou si de maneira telemática, e para iso tes que ir de maneira presencial ao Centro comarcal a solicitar unha chave de acceso, presentar o teu DNI, darlles o teu número de móvil, e eles envíanche a chave ao móvil para que podas operar telemáticamente. E esto non é pola pandemia, seica vai ser así sempre.
Complicadísimo para unha persoa que non ten dominio das novas tecnoloxías ou non teña móvil, porque ata onde eu sei non é unha obriga telo a non ser que éstes do PP saquen unha lei que obrigue a telo.
Cando entras na aplicación, unha das preguntas que che fan cando queres presentar a declaración responsable, que é unha obriga para poder facer a poda, son os metros cúbicos que vas cortar e as toneladas. E fanche unhas preguntas sobre as especies arbóreas, afectacións de posibles especies ribereñas, e outra serie de preguntas que unha persoa normal non pode contestar, se non ten un título de inxeniería agrónoma ou forestal.
Tes que contestar a boleo e de boa fe.
Pois pregúntanlle ao conselleiro sobre esta cuestión, e di que todo esto é para que os funcionarios de Medio Rural non cobren comisións.
En serio?
Ten probas deste presunto delito?
O PP leva gobernando doce anos e xestionando Medio Rural. Os demáis conselleiros nunca denunciaron estes ilícitos probablemente penais?
Cando se denuncian cousas que non teñen nin pes nin cabeza, os palmeiros din que é aversión ao PP. É aversión ao PP, ou é o PP o que ten aversión aos funcionarios dos seus departamentos.
Penso que este home non é un astronauta que vive nos astros, coido que ata é de Maside. Non entende que a xente normal precisa asesoramento pra poder facer unha auténtica declaración responsable? Ou é posible que pola a súa afiliación política considere de xeral uso o das comisións.