O coronavirus cébase na Residencia de Maiores de Beariz, que suma 5 vítimas na última semana, a última unha muller de 87 anos
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/beariz_3.jpg?itok=wUjWwj7z)
Unha muller de 87 anos de idade que estaba ingresada no CHUO convértese na quinta vítima do coronavirus na Residencia de Maiores San Antonio de Beariz, según ven de notificar a Consellería de Política Social neste domingo 13 de Decembro.
O primeiro falecemento no xeriátrico bearicense notificouse o pasado dia 6, unha muller de 95 anos. O dia 8 falecía outra usuaria que se encontraba hospitalizada, de 80 anos de idade. Ao dia seguinte, o pasado mércores dia 9, coñeciamos o falecemento doutras dúas persoas tamén usuarias desta Residencia de Maiores San Antonio de Beariz, un home de 86 anos e unha muller de 100 anos.
O foco de coronavirus neste xeriátrico declarouse o pasado dia 20 de Novembro, afectando a 33 usuarios e 8 traballadores. Tras os cinco falecementos e as altas médicas xa rexistradas, o brote mantén 20 contaxios activos, 16 usuarios e 4 traballadores.