"O Teu Xacobeo" programa para este sábado 19 de Decembro unha xornada de promoción da Vía da Prata en Cea, con relatorios, música, visitas e degustación gastronómica.
O alcalde de Cea, José Luis Valladares, e Alejandro Rubín en representación da Órden do Camiño de Santiago, presentaron a programación de actividades que desenvolveránse en Cea este próximo sábado 19 de Decembro, dedicada á promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, unha iniciativa enmarcada no programa " O Teu Xacobeo" cofinanciado por Turismo de Galicia.
A xornada celebraráse no centro multiusos de San Cristovo de Cea e contará con tres conferencias. A primeira delas estará a cargo de José Luis Rodríguez Cid, que falará da Vía da Prata, a segunda abordará aspéctos medioambientais, que impartirá Bruno del Llano. E o terceiro relatorio será o de Jesús Francisco Ares, que fará un repaso histórico polas etapas e a evolución dos camiños de Santiago como ruta cultural europea.
Para a apertura, ás 11:30 horas actuará o grupo musical "Feitizo de Pau" e ás 13:00 horas, antes dunha degustación de productos locais, actuará a cantante galega Lucía Pérez. Ademáis, haberá visitas a un forno do Pan de Cea e o Mosteiro de Oseira.
A inscripción, gratuíta, faráse enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@ordendelcaminodesantiago.es