O Arenteiro despide o ano invicto e líder, gañando 0-3 en Ribadumia
Os verdes completan a primeira volta da fase regular no Subgrupo-B da terceira división líderando a clasificación con 23 puntos en 11 partidos, sendo ademáis o único equipo que aínda non perdeu ningún partido.Fran Justo suma xa 16 partidos consecutivos invicto como adestrador do Arenteiro, se aos 11 de liga sumamos os 5 de pretempada.
O partido xogado no campo da Senra de Ribadumia tivo dúas partes bastante diferenciadas, na primeira houbo igualdade entre ambos equipos e mesmo algunhas opoortunidades para inaugurar o marcador por ambos bandos. A segunda parte xa foi outra historia, nada máis comezar Javi Pazos nunha acción persoal marcou un golazo cun chut imposible dende a frontal da área para o outro Pazos do partido, o gardameta do Ribadumia. A partir do gol o Arenteiro foi dono absoluto do partido ante un Ribadumia que acusou o esforzo do partido de Copa do Rei desta semana co Cádiz. Ao lanzamento dunha falta Renán puxo un balón á área que cazou Sylla para marcar o segundo cun medido cabezazo a media altura,o terceiro foi obra de Joni aproveitando un balón repelido polo longueiro tras un trallazo de German.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...
Para ver a retransmisión da TVG, sigue a seguinte ligazón: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-terceira-ribadumia-c-f-c-d-arent...