Outro "petisco" doutro quinto premio no Bar Lérida
Se o quinto premio no Bar Estatequieto foi o primeiro do sorteo, o que visitou o Bar Lérida na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, foi dos máis tardíos, o penúltimo do sorteo xa soprepasada a unha da tarde. O 43.831 deixa outro "petisco" no Carballiño, un décimo (podería ser máis de un) premiados con 6.000 euros.