8 de Xaneiro: O Carballiño alcanza os 20 contaxios activos de Covid-19, 5 máis que onte. Sen cámbeos no resto de concellos.
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/5540925_1.jpg?itok=BSawtER0)
O Carballliño continúa sumando máis contaxios activos de coronavirus, e chega hoxe dia 8 de Xaneiro aos 20 casos, duplicando polo tanto os que tiña a principios desta semana.
Non se rexistra ningunha outra variación no mapa do coronavirus na comarca, con 7 casos activos no concello de San Cristovo de Cea, 2 no Irixo e 1 -respectivamente- nos concellos de Punxín e Piñor. E con cero contaxios permanecen os municipios de Beariz, Boborás, Maside e San Amaro.