A culpa é do chá, chá, chá, da ultradereita e do heteropatriarcado
O que resulta cansino é que se enfoque as críticas sobre o mesmo sector, os hosteleiros do Carballiño. Non se critica os hosteleiros da comarca, tan só os do Carballiño, eses son os dos cornos. Por poñerlle un exemplo, unha tertuliana que vive no Carballiño, chegou a decir que vira nun bar de Maside a xente do Carballiño tomando algo nos tempos do peche perimetral. E quedou tan pancha, parecía que os malos eran os do Carballiño que estaban tomando nun bar de Maside, pero ¿qué facía en Maside pra poder velos?
A cuestión e que contínuamente recórrese a mesma milonga e o latiguillo de sempre, será por non ter máis recursos inletelectuais ou pola razón que sexa. Os tertulianos non son os únicos, o conselleiro de Sanidade xa vira contaxiados en bares porque seica llo comentaran os concellos. Ás veces vexo demos nos bares.
Os feitos obxectivos son:
Esta onda é produto dos excesos das reunións familares (os bares non teñen que ver).
Os bares non son o único espazo onde os cidadáns cometen erros.
Non se analiza outros espazos como os colexios e hai outro latiguillo que estase a repetir como loros: Os nenos son máis sensatos que os pais... Apenas hai contaxios nos colexios... A realidade dos datos tirou por terra este mito pese ao oscurantismo dos datos facilitados pola Xunta.
Non se analiza as teleconsultas médicas e os retrasos nos diagnósticos de outro tipo de patoloxías.
En definitiva, se non teño moito que decir, digo que vin a un par de mozos tomando unhos cubatas, pero omito que vin a tal ou tal veciño de conto despistado (como nos pasa a calquera) a menos de dous metros de outro e coa mascarilla baixada (pódese obervar en centos de lugares que non son bares).
¿E o resultado desto?
Peche da hostelería, sen plás de rescate, e sen analizar outras causas de propagación (a estratexia do avestruz).
De calqueira xeito, quenes reciben críticas contínuas son os hosteleiros do Carballiño ¿Acaso alguén quere convencernos de que son distintos aos hosteleiros do resto de poboacións?
Se eu poño toda a miña atención nun sector, seguro que vexo erros nese sector, pero a moda está nos mozos e na hostelería (a teletonta xa se encarga de crear esta tendencia). Pero se vemos ao vicepresidente en cuarentena sen mascarilla, ou a frijoles e cansado de desfile de modelos, ou o noivo de Ayuso facendo snowboard, e os criticamos... Nada eso son despistes sen importancia...