O Arenteiro agarda volver aos adestramentos no transcurso da semana, o equipo sigue líder tras dous partidos adiados
Son xa dous os partidos adiados por este motivo tras o parón do nadal, os dous primeiros da segunda volta da fase regular no campionato de liga de terceira división ante Arousa e Ourense CF, a pesar do que o Arenteiro continúa líder, tampouco o colider Arousa pudo aínda xogar, polo que o colchón de puntos que tiñan ao final da primeira volta permítenlle a ambos siguer ao fronte da clasificación
O equipo espera que no transcurso da semana vaian chegando as altas médicas para os 10 integrantes do plantel afectados polo brote de coronavirus que fora inicialmente detectado o pasado dia 7 de Xaneiro nos test de antíxenos, e posteriormente confirmados por probas PCR. Desta maneira, a intención do club é volver aos adestramentos tamén esta mesma semana, unha vez que se completa a cuarentena que todos gardaron, tanto os que afectou a enfermidade, como o resto.
O próximo partido no calendario para o Arenteiro sería o próximo domingo dia 24 ante o Choco, que tampouco está confirmada a súa celebración, á espera da evolución da situación sanitaria do equipo durante os próximos dias.