O Carballiño perde 281 afiliados á Seguridade Social no último ano, o paro rexistra un incremento do 25% no municipio en 2020
O primeiro ano do coronavirus depara unha caida de 281 cotizantes á Seguridade Social no concello do Carballiño, o 2020 péchase cunha perda de 244 afiliados ao rexime xeral, 31 autónomos e 8 no rexime do fogar, o que representa un 6,64% de descenso no número de afilados no concello do Carballiño no transcurso dos últimos 12 meses. Tan so o rexime agrario rexistra un simbólico aumento de 2 cotizantes e alcanza os 11 afiliados.Tras esta caída, a afiliación á Seguridade Social cae ata os 3.948 cotizantes.
Ademáis, o paro pecha o ano da pandemia cun incremento do 25% en termos interanuais, vólvese superar a barreira das mil persoas en situación de paro no concello do Carballliño, con 1069 rexistradas no SEPE en situación de desemprego. En total, o número de persoas en paro incrementouse en 215 durante o ano 2020 no municipio carballiñés.