O concello quere facer do Colexio Vello un centro cultural para Maside. Unha axuda de 205.000 euros do IGVS permitirá obras de rehabilitación do edificio.
O Instituto Galego da Vivenda e o Solo incluirá este ano esta obra de mellora no "Fondo de Cooperación para Rehabilitación de Patrimonio Municipal", éste foi o compromiso adquirido co alcalde de Maside polo Presidente do IGVS no transcurso dunha reunión entre ambos mandatarios.
Desta maneira, a entidade autonómica achegará ao concello de Maside 205.000 euros para este proxecto de mellora do antigo grupo escolar, coñecido como o colexio vello, promovido pola instución municipal. Os traballos consistirán na reforma da cuberta do edificio, a carpinteiría e o sistema de climatización. A idea do alcalde José Manuel Iglesias, tal como manfestou en COPE O Carballiño, é "que sexa un espazo cultural para Maside, no que poidan centralizarse todas as actividades culturais".