O Arenteiro regresa á competición ante o Choco en Barbantes (Veráse na WEB da TVG) polo mal estado do terreo de xogo de Espiñedo
O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel, e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.
O calamitoso estado no que se encontra o terreo de xogo de Espiñedo motivou que o club pedise o cámbeo de campo, que finalmente aceptou a RFGF tras visitar Espiñedo. Desta maneira, o partido xogaráse dende as 16:15 horas no campo da Regueiriña de Barbantes-Estación, a porta pechada, ante a imposiblidade de cumplir as condicións esixidas polo protocolo anti-Covid.
O Arenteiro chegará a este partido con apenas 4 sesións de adestramento e coa baixa segura de Germán Nóvoa, que cumplirá ciclo de amonestacións. O partido será retransmiitdo en directo pola WEB da TVG.