24 de Xaneiro: O Carballiño (+3) chega aos 72 contaxios activos e aparecen novos casos en Punxín e San Amaro
O Carballiño chega hoxe domingo aos 72 contaxios activos, cifra que se convierte no record de casos activos nesta terceira onda da pandemia, son 3 casos máis que onte no municipio carballiñés. Tamén sube o concello de Punxín, que onte tiña un único caso e hoxe rexistra 2. E tamén notifica hoxe un caso o concello de San Amaro, que era o único da comarca que estaba libre de virus, polo que xa non queda ningún.
Ten un caso menos que onte Boborás, que se queda con 13. E non se producen variacións no resto dos concellos, que continúan cos seguintes contaxios activos: Cea (7) Beariz (2) O Irixo (1) Piñor (1)