25 de Xaneiro: leve repunte de contaxios activos no Carballliño (+1) que chega aos 73, e aparecen novos casos en Piñor, O Irixo e San Amaro
Continúa o paulatino incremento de contaxios activos de coronavirus no Carballiño, que ten hoxe un caso máis que onte e alcanza os 73. Tamén suman novos contaxios, un máis en cada municipio, os de San Amaro, Piñor e O Irixo, que rexistran dous casos, respectivamente.
Sen variacións no resto de municipios, que continúan hoxe cos mesmos contaxios da fin de semana: Maside (13) Boborás (13) San Cristovo de Cea (7) Beariz (2) Punxín (2)