Peche perimetral de todos os concellos e da hostelería, e comercio non esencial aberto ata as 6 da tarde. As medidas entran en vigor este mércores 27 e continuarán inicialmente durante 3 semanas.
As interaciones sociais quedan limitadas a conviventes en toda Galicia, salvo tarefas como o traballo ou o coidado dos maiores ou menores. O obxectivo é que non se reunan as persoas que non viven xuntas.
Todos os concellos quedan con mobilidade restrinxida, salvo causa xustificada non se poderá sair do noso municipio de residencia. O toque de queda mantense o máximo, ás 22 horas.
O comercio non esencial deberá pechar as 18 horas. Pechará toda a hostalería,tan so poderá manter o servizo de comida para levar á casa Pechan todos os ximnasios e a actividade deportiva tan so será permitida de forma individual e ao aire libre, a máscara será obrigatorio tamén para correr nas rúas.
As medidas entran en vigor ás 00:00 deste mércores dia 27 de Xaneiro e estarán vixentes, inicialmente ata o dia 17 de Febreiro.