Os portavoces socialistas dos concellos da Mancomunidade do Ribeiro piden probas PCR e EPIS para as traballadoras do SAF
Os socialistas requirenlle ao Presidente da Mancomunidade do Ribeiro a que se fagan regularmente PCR as traballadoras de axuda ao fogar "xa que levan desde o mes de Outubro sin repetir esta proba, pola desidea e deixadez do Presidente, que parece estar mais pendiente da sua condición de Senador, que mirar e prevenir a saude das traballadoras e dos propios usuarios que son os veciños dos diferentes concellos que conforman a Mancomunidade", manifestan.
Afirman que "a aparición da crise sanitaria dificultou o desenrolo das tarefas de este colectivo de traballadoras, que expoñen a sua saude , como a das propios usuarios e familias a potencias contaxios COVID-19".
Os portavoces socialistas dos concelleiros que integran a mancomunidade ribeirán engaden que "o alto grao de exposición a riscos laborais da súa actividade, e o desemparo no que se atopan ante a precariedade, que xa viñan padecendo de antes, a modo de exemplo decir que teñen que comprar a sua propia roupa, para poder desenrolar o seu traballo, xa que a Mancomunidad no lle proporciona uniformes, zocos ect… senon que os teñen que levar as propias traballadoras da sua casa pagados con diñeiro dos seus propios bolsillos, unha tristeza que pase esto nestes tempos, por eso os socialistas o queremos trasladar ante a opinión publica este tipo de cousas, porque estás traballadoras son unhas verdadeiras heroínas, polo traballo que están levando acabo nestes momentos e que desde a Mancomunidad do Ribeiro non as están a valorar".
Os socialistas consideran que é de vital importancia tomar certas medidas e protocolos co persoal de un servizo tan esencial como é o SAF "comenzando por unha medida preventiva de vital importancia como é a realización de PCRs".