Resultado final do cribado aleatorio deste pasado domingo no Carballiño: 14 positivos e 1.290 negativos.
O Sergas comunicou esta tarde que, unha vez coñecidos os resultados das PCR realizadas onte no cribado selectivo do concello do Carballiño, detectaronse 14 persoas asintomáticas, o que representa unha porcentaxe de positividade do 1,1% sobre o total das 1304 persoas que participaron este domingo na convocatoria no Pavillón de Deportes do Carballiño.
Desta maneira, resulta que do total dos veciños e veciñas do Carballiño que realizaron as probas este domingo, 1.290 deron resultado negativo, e 14 foron diagnosticados como positivos. Nos test de antíxenos foron detectados 5 positivos, e os 9 restantes mediante PCR.
Os negativos foron notificados no transcurso da xornada de hoxe a través de SMS e os positivos comunicados a través do centro de saúde do Carballiño