4 aulas pechadas e 25 casos positivos nos centros educativos do Carballliño, Boborás e Maside
Son xa catro as aulas pechadas nos centros educativos da comarca por culpa do coronavirus, dúas na Escola Infantil Trastes do Carballiño, unha no Colexio Vila do Arenteiro e unha no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.
En canto a casos positivos -que hoxe soben ata os 25 en total- os centros afectados son os seguintes: IES Chamoso Lamas (6) CPR Sagrado Corazón (5) IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (3) CEIP Calvo Sotelo (3) CIP Terras de Maside (2) CEIP Boborás (1) E.I. Trastes (1)