Un gol de Sylla da os 3 puntos aos verdes ante o Estradense. O Arenteiro sigue líder outra xornada máis.
O Arenteiro suma 3 puntos e sigue líder da terceira división Grupo 1-B, eso sí, tivo que sufrir e agardar ao minuto 89 de partido para que Sylla batise ao gardameta dun combativo Estradense que, finalmente, acabou sucumbindo ante o asedio dos verdes sobre a alfombra do campo da Regueiriña de Barbantes-Estación.
O Arenteiro entrou mellor no partido e o balón rondou varias veces con perigo a portería visitante con Arce entrando pola banda dereita e xerando xogadas de perigo, nunha delas Eimil a punto estivo de acertar pero o seu remate foise un chisco alto. Pouco a pouco o Estradense foise asentando e dificultando o xogo do Arenteiro, que tiña problemas para conectar coa liña de dianteiros.
Tralo paso por vestiarios, o Estradense tivo a súa clara ocasión pero o poste repeleu o remate de Javichu, a seguinte xa sería do Arenteiro e outra vez por medio de Eimil que lanzou un tiro con marchamo de gol que despexou un defensor a corner. No minuto 69 foi expulsado por doble cartón amarelo o visitante Óscar, co partido xa nun acoso constante do Arenteiro sobre a área do Estradense, sucedíanse as ocasións, Sylla obrigou a facer un paradón a Cascallar, tivoa Naveira nun remate de cabeza que se foi por riba do longueiro por moi pouco, ata que outra vez Sylla fabricou xunto con Arce a xogada do gol, o senegalés abríu á dereita sobre Arce que meteu sobre a área un balón que o mesmo Sylla rematou ao fondo da portería. E final. Decepción no Estradense e ledicia no Arenteiro.
Agora, o mércores dia 10, tamén na Regueiriña partidazo ante o Arousa, que fora adiado polo foco de coronavirus que afectou ao equipo carballiñés.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...