O concelleiro masidao Nacho Campo elixido como novo presidente provincial das NNXX do Partido Popular
Ignacio "Nacho" Campo González é o novo presidente provincial de Novas Xeneracións, a organización xuvenil do Partido Popular. Foi elixido nunha asemblea celebrada este pasado mércores á ultima hora da tarde, substitúe no cargo a José Antonio Parente.
Campo -natural e veciño de Dacón- é un dos concelleiros máis xóvenes da comarca do Carballiño, nas eleccións de 2019 con 22 anos foi elixido concelleiro da corporacíón municipl do concello de Maside na lista do Parido Popular. Asume a presidencia provincial de NNXX "como un reto persoal, con moitas gañas de facer cousas por esta comarca e provincia, e agradecendo o apoio recibido con esta elección, espero non defraudar a ninguén", remarcou nunha entrevista en COPE O Carballiño.