O concello de Maside anima á veciñanza a "encher de colorido e imaxinación fiestras, balcóns e fachadas" e vivir un entroido virtual
O Concello de Maside quere recoñecer a gran labor que durante tantísimos anos están a realizar os compoñentes das distintas comparsas do concello, que cada ano cobran protanonismo polo tempo do entroido.
É por elo, que neste Entroido tan atípico que nos toca vivir este 2021, o concello masidao recoñece o traballo colectivo "pola ilusión, polos ánimos, pola alegría, pola diversión, polo traballo, polo esforzo, polo tempo invertido, polos bos momentos que nos fan vivir, ano tras ano para facernos disfrutar do Entroido".
Se por algo o Concello de Maside se pode enorgullecer -engaden- é por ter uns veciños e veciñas que viven con paixón esta tradición, e elo vese reflexado cada ano chegadas estas datas, cando vemos saír as comparsas do Bardelás, Os Arrieiriños de Dacón, os Azucarados de Maside e por suposto ós Felos, disfrutando e facendo desfrutar ós demáis. E como agradecemento o Concello de Maside outorgará unha subvención a estes catro grupos que manteñen vivo o lume do Entroido en Maside. Todos eles recibirán 150 € como recoñecemento á súa labor, de mans do alcalde o vindeiro martes de Entroido no concello de Maside.
Ademáis, o concello masidao invita a transformar estes dias de entroido " nun ano que non teremos o noso tradicional desfile do luns de entroido, pero queremos ter balcóns, fiestras, fachadas das casas cheas de colorido, cheas de Entroido!! Queremos que os veciños e veciñas poñan en marcha a imaxinación e nos sorprendan!!! Que se disfracen e nos fagan chegar as súas fotos, colgaremolas na web do concello e nas nosas redes sociais, queremos seguir a desfrutar do Entroido".
Finalmente, remarcan que "este ano tocanos vivir un Entroido diferente, por eso queremos pedirlles que cumpran coa normativa sanitaria establecida, que non poñan en risco a súa saúde nin a dos demáis. Que non esquezan que de todo esto temos que saír xuntos, pero sobre todo, temos que saír tod@s".