13 de Febreiro: O Carballiño rexistra o maior descenso de Incidencia acumulada e contaxios activos do ano 2021
O Carballiño rexistra este sábado dia 13 de Febreiro a maior baixada tanto de incidencia acumulada (IA) a 14 dias como tamén no número de contaxios activos, no primeiro indicador baixa dos 92 casos aos 81, a maior caída nun dia nesta terceira onda da pandemia en canto aos novos positivos no intervalo dos últimos 14 dias. Esta tendencia tamén se manifesta nos contaxios activos, que baixan no Carballiño dos 92 de onte ao 85 que rexistra hoxe.
Nos demáis concellos da comarca tamén se manifesta esta mesma tendencia nos casos de coronavirus, trala actualización de datos deste sábado, os contaxios activos en cada concello son os seguintes: Maside (16) Cea (12) Boborás (11) Punxin (5) Piñor (1) O Irixo (1) San Amaro (1) Beariz (0)