O entroido "en modo pausa" reaparece en Maside, as catro comparsas do municipio reciben un agasallo do concello
Con este acto o concello de Maside celebrado no mediodia deste martes de entroido ás portas do consistorio, a institución municipal quixo recoñecer a gran aportación que cada ano fan estas agrupacións na animación do entroido masidao e mesmo levando o nome de Maside a outros entroidos da comarca e provincia.
Un pequena representación das comparsas "Os Silleiros", "Os Azucarados de Maside", "Os Arrieiriños de Dacón" e "Os Felós" recibiron dos responsables municipais un agasallo en forma de axuda económica por importe de 150 euros a cada unha das catro comparsas.