O concello de Boborás lanza un SOS para localizar un veciño desaparecido en Ventosa-Xurenzás
O concello de Boborás ven de facer unha chamada á colaboración cidadán para localizar a un veciño da localidade de Ventosa, na parroquia de Boborás, que se atopa desaparecido dende as primeiras horas desta mañá de mércores.
Xa se mobilizaron os medios de emerxencias, non obstante o concello de Boborás fai un chamamento para todas aquelas persoas que poidan sumarse á búsqueda de Emilio ou facilitar calquera dato que axude á súa localización, chamando ao 112. Viste chaqueta con capucha verde e pantalón beige.