19 de Febreiro: cae en picado a incidencia acumulada no Carballiño, con 43 casos diagnosticados. Nos concellos de Beariz, Piñor e San Amaro non se rexistraron novos contaxios nos últimos 14 dias.
A incidencia acumulada de Covid-19 continúa caendo en picado no municipio do Carballiño, neste indicador que reflicte a aparición de novos casos confirmados con probas diagnosticas nos últimos 14 dias, son 43 os casos de coronavirus notificados nos últimos 14 días.
Son xa tres os concellos da comarca, os de Beariz, Piñor e San Amaro, nos que non se notificaron novos contaxios de coronavirus nas últimas dúas semanas.
En canto a contaxios activos, O Carballiño (-14) rexistra hoxe 42 persoas pasando a enfermidade, Cea (-2) quédase con 8, Maside (-3) ten 6, Punxín continúa con 5, Piñor con 1 igual que O Irixo. E continúan libres de virus San Amaro e Beariz. O único concello que rompe esta tendencia á baixa hoxe é o de Boborás (+1) e sitúase con 9 contaxios activos.