20 de Febreiro: O Carballiño (-6) baixa os contaxios activos ata os 36, tamen restan Cea (-4) Boborás (-3) Maside (-1) Piñor (-1)
Continúa en boa liña a tendencia á baixa na incidencia do coronavirus, tanto no Carballliño como no conxunto dos concellos da comarca. Nesta actualización de sábado dia 20 de Febreiro, a incidencia acumulada a 14 dias no Carballliño baixa ata os 38 casos, a un paso de situarse xa por debaixo dos 250 casos por cen mil habitantes, o principal parámetro que utiliza o Sergas para determinar o nivel de restricións. Os contaxios activos no municipio carballiñes descenden hoxe ata os 36 casos, son 6 menos que onte.
Tamén se rexistra un notable descenso dos casos activos no concello de Cea (-4) e quédase con outros catro, Boborás (-3) sitúase con 6 e Maside tamén resta un caso para quedarse con 4 persoas con infección activa. Sen cambios en Punxín (5) O Irixo (1) San Amaro (0) Beariz (0) Finalmente, recibe a alta médica a única persoa que estaba pasando pola enfermidade en Piñor, que pasa hoxe a ser concello libre de virus.