A TVG volve elixir o partido do Arenteiro para a retransmisión en aberto na tarde do próximo domingo
Por segunda fin de semana consecutiva a Televisión de Galicia volve elixir un partido do líder do grupo 1B da terceira división para emitílo íntegro e en aberto na G2, de de forma simultánea na WEB da CRTVG. Será dende ás 16:30 horas deste domingo 28 de Febreiro no partido que CD Arenteiro xogará ante a UD Ourense no campo da Regueiriña de Barbantes Estación.
A retransmisión será de novo especialmente celebrada pola afeccion do Arenteiro, e desta vez tamén por parte da ourensanista, toda vez que o partido será a porta pecha, sen público, como no resto dos campos de fútbol de toda Galicia.