CARBALLIÑO ATA ONDE CHEGA?
Estes días escoito ao alcalde do Carballiño falar das obras ou millor dito arranxos que conta facer cos seica tres millóns, catro ou non sei xa cantos de euros do famoso remanente, paréceme importante, xusto e necesario os asfaltados e todo tipo de arranxos que se fagan pero esta vila tamén precisa de grandes obras como era a prometida hai anos para os que vivimos dos 4 camiños pra riba, temos un minúsculo parque infantil e de esparcimento para os nenos e maiores onde xa hai tempo se anunciaba a bombo e pratillo unha gran plaza na que se ampliaría o túnel do tren, esta seica valía creo lembrar uns 500.000€.
Baixo a miña humilde opinión, que comparte moita máis xente de distintos barrios do Carballiño, sería unha importante obra para engadir metros de ocio e esparcimento nunha vila na que non se proxectaron prazas nen zonas verdes, soamente edificios e de cantas máis alturas millor, agora vemos e sufrimos a deficiencia deste tipo de zonas. Esta obra sería moi importante para todo o pobo pero sobre todo para os veciños dos 4 camiños pra riba, agora pódese poñer outra excusa pero por cartos non será....
Porque supoño que nesa zona aínda é O Carballiño, ou non?