O Arenteiro, máis líder logo de gañar á UD Ourense, xa acaricia a clasificación para a fase de ascenso
Tarde primaveral na Regueiriña de Barbantes, e triunfo dos verdes ante a UD Ourense por 1-0 que achega ao Arenteiro un pasiño máis ao obxetivo de meterse na pelexa polo ascenso, a falta de 4 partidos para completar a primeria fase da competición o Arenteiro suma 39 puntos, con 5 de ventaxe sobre o Arousa.
No partido desta tarde o Arenteiro pudo deixado practicamente sentenciado na primeira parte, na que gozou de boas ocasións para marcar, pero non foi así, e tivo que agardar ao minuto 83 ata conseguílo. Foi un saque dende o recuncho no que Alex Fernández case fai gol olímpico, o balón foi repelido polo segundo pau da porteiría ourensanísta e Victor Eimil, moi oportuno, golpeouno o suficiente para que rebasase a liña de gol.
Na primeira parte, o Arenteiro foi mellor que o seu rival, e dos verdes foron todas as ocasións, incluída a doble ocasión que tivo Joni tras unha internada de Eimil que serviu un balón sobre a área pequena na que Joni rematou pero o meta ourensanísta despexou con apuros, na mesma xogada o propio Joni á media volta fixo un bó remate pero o balón foise fora por pouco. Javi Pazos e Cissé tiveron as súas. O Ourense pouco máis fixo que aguantar as acometidas carballiñesas.
Non obstante, o intermedio sentóulle ben aos capitalinos, que conseguiron nivelar o encontro e mesmo dispuxeron dunha ocasión nas botas do lateral Varo, que resolveu ben Diego García. Nos últimos 20 minutos o Arenteiro volveu á carga, e de novo tivo unha inmellorable ocasión para marcar nun balón colgado sobre a área visitante por Pol ao que por milímetros non chegou Rubén Arce. Parecía que o gol podía chegar en calquera momento, e finalmente o premio chegou. Agora a pensar en Calabagueiros, próxima estación.
Para ver a ficha do partido, sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...