Espazo Común cifra en 1,5 millóns de euros "as subvencións perdidas polo concello do Carballiño nos dous últimos anos", a última sería "a da cuberta do parque infantil dos Catro Camiños"
As criticas feitas por Espazo Común ao goberno municipal do Carballiño en relación á perda de subvencións procedentes doutras administracións ten o seu último capítulo "na perda da súbvención de 30.000 euros concedida pola Xunta de Galicia para a cuberta do Parque Infantil dos Catro Camiños que foi solicitada, tramitada e debidamente vendida na prensa sen que despois se executas esta demanda".
Dende esta formación política da oposición municipal aseguran que "xa no ano 2019 perdeuse a subvención do Obraodoiro,q ue tería permitido facer proxectos durante 9 meses para desempregados, ademáis damos por feita a perda da subvención para a Aula Cemit, xa que ante as nosas constantes preguntas en pleno seguimos sen resposta". Repróchanlle dende Espazo Común ao goberno do alcalde Fumega que "seguisen ocupados contratando actuacóns e espectáculos como para ter tempo de atender ás subvencións" e volven incidir no "impresentable e indefendible gasto de 115.000 euros en festexos durante o ano da pandemia"
Precisamente, durante o ano 2020 Espazo Común suma a esta relación de subveencións que por mala xestión do goberno municipal non chegaron ao concello, as relativas "os dous Obradoiros de Emprego anunciados ou o Plan Integrado de Emprego, que non foron capaces de acadar ningún".
A suma total na que cifra Espazo Común estas posibles subvencións ascende a "arredor de 1.500.000 euros, que deixaron de entrar nas arcas municipais do Concello do Carballiño, impedindo facer obras e proxectos que serían fundamentais nestes tempos de crise", remarcan.