O Sergas convoca para este venres un cribado selectivo a 800 persoas veciñas de Boborás, que xa supera os 600 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada.
O Sergas levará a cabo un cribado masivo entre a súa poboación maior de idade para detectar persoas asintomáticas, ante o incremento de novos positivos neste concellos nas últimas horas, pasando dos 7 contaxios activos de onte aos 14 que rexistra hoxe. A incidencia acumulada a 14 dias supera xa os 600 casos por 100.000 habitantes, se a reuníon do comite clínico na que onte se decidiu o paso de Boborás do nivel 3 ao 2 de restricións, se tivese lugar hoxe siñificaría que tería que entrar no nivel 1, coas restricións máis duras.
O cribado deste venres dia 5 de Marzo, en horario de tarde no pavillón de deportes de Boborás, citará mediante SMS a un total de 800 persoas veciñas de Boborás. Precisamente dende este venres, ao entrar en vigor a nova restrición para o municipio de Boborás, quedará limitada ao propio territorio municipal a mobilidade da veciñanza, e a hostalaría non poderá atender no interior dos establecementos.
No resto dos concellos a situación continúa baixo control, con 8 contaxios activos no Carballiño e 1 en Maside. Nos outros seis concellos da comarca non hai persoas con infección activa.