O Carballiño e os concellos da comarca celebran o Dia Internacional da Muller
O balcón da casa do concello do Carballiño acolleu este mediodia o acto institucional con motivo do 8-M, Día Internacional da Muller, a concelleira carballiñesa de Igualdade Guadalupe Sobrado foi a encargada da lectura dun manifesto, que foi seguido por un grupo de persoas concentradas na Praza Maior, ás que o concello agasallou cunha máscara de protección de tea morada coa inscripción "O Carballiño pola Igualdade".
O concello de Maside difundíu o manifesto co lema das Nacións Unidas "Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19", e o alcalde José Manuel Iglesias anunciou que levará o seguinte pleno da corporación masidá a aprobación do "2º Plan de Igualdade de Oportunidade entre Mulleres e Homes do Concello de Maside". O concello de Punxín, que celebrou un pleno extraordinario esta mañá, aprobou por unanimidade unha moción das concelleiras socialistas de apoio ás reivindicacíons feministas do 8-M.
San Cristovo de Cea invita neste 8-M a toda a veciñanza a convertir as redes sociais en altofalantes en favoer da igualdade. Mentres, os concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, San Amaro e Piñor participan das actividades organizadas por iniciativa do Programa de Eduación Familiar da Mancomunidade, orientadas a nenos e nenas entes os 3 e os 12 anos, que reciben un kit educativo -creativo para realizar actividades en familia baixo o leman "8M Somos diferentes, somos iguais".