Boborás continuará outra semana máis en nivel máximo de restricións, Maside e Leiro en risco de retroceder a nivel 2
O comité clinico que fai o seguimento da evolución da pandemia en Galicia volveu reunirse este venres e acordou prorrogar o nivel 1 de restricións para o concello de Boborás, que con 13 contaxios activos, continúa cunha incidencia acumulada de 629 casos por 100.000 habitantes. Desta maneira, continúa no máximo nivel de restricións unha semana máis, con peche perimetral, hostelería pechada e reunións de non conviventes prohibidas.
Ademáis, e tal como viñemos avanzando desde esta emisora de radio, o comité clínico mantén un seguimento especial aos concellos de Maside e Leiro, que continúan en situación de risco, debido ao incremento de novos positivos nos últimos dias.
En canto a contaxios activos, Boborás continúa con 13, Maside (+1) rexistra 7, e O Carballiño mantén 6. San Cristovo de Cea, que figura dende fai dias sen ningún caso, volve hoxe rexistrar un contaxio activo. Siguen libres de virus Piñor, Beariz, San Amaro, O Irixo e Punxín.