O líder suma e segue, tras o seu regreso a Espiñedo
O Arenteiro venceu 2-1 ao Pontellas nun partido no que regresaba a Espiñedo e no que os pupilos de Fran Justo víronse obrigados a remontar o marcador xa que o equipo do Porriño adiantouse cun gol de penalti no minuto 20, con esta nova victoria o Arenteiro segue líder e suma xa 43 puntos no grupo 1B de terceira divisíón.
Vista a táboa de clasificación moitos poderían pensar que era un partido fácil, enfrontábase o líder co colista, pero esto é terceira división e o Pontellas mostrouse como un equipo con orgullo, correoso e aguerrido, e ademáis encontrouse cun penalti ao seu favor que facilitou o seu guión de partido á defensiva. Non obstante, o Arenteiro unhos minutos antes do descanso, Renan lanza dende o córner e Germán Pérez -hoxe titular- conecta un cabezazo que empata o partido.
Aos 5 minutos da reanudación Sylla con outro extraordinario testarazo fai o segundo gol do Arenteiro, que sería xa o definitivo, aínda que os verdes tiveron varias ocasións para ampliar o marcador ao seu favor, como en sendos remates de cabeza de Javi Pazos -que se foi fora- e outra vez Sylla, que obrigou a lucirse ao gardameta do Pontellas. Tamén Joni tivo outra moi clara xa no tramo final do partido. Nesta segunda parte o árbitro non quixo ver dous claros penaltis na área do Pontellas, ambos cometidos sobre Sylla, pero non era a tarde do trio arbitral, que ademáis errou en varias ocasións na aplicación da regla do fora de xogo.
Sylla e Adrián Pol viron cartón amarelo e cumplirán ciclo de amonestación na difícil visita do próximo domingo ao Baltasar Pujales, onde agarda o Rápido de Bouzas. Sumaránse a baixa de Manu Mariña e pendientes da evolución de Cissé, que sufre unha distensión muscular.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...