O Arenteiro pasa á fase de ascenso como campión do grupo 1B de terceira división
O empate do Arenteiro no Baltasar Pujales de Bouzas e o pinchazo do Arousa en Ribadumia fan que os verdes se proclamen campións do grupo 1B de terceira división a falta de xogarse un partido para completar a primeira fase do campionato, o que desputará o proximo domingo dende as 17 horas en Espiñedo precisamente ante o Ribadumia.
No partido xogado na matinal deste domingo á beira da ría de Vigo o Arenteiro deixou escapar dous puntos nunha desafortunada xogada, que ademáis foi a derradeira do encontro cando ían 97 minutos de xogo, un disparo sen aparente perigo sobre a portería de Diego García fixo que o balón pegase en Renan, que non pudo evitar marcar en propia porteria.
Apenas ían 2 minutos de xogo cando o árbitro sinalou un penalti sobre Javi Pazos que o especialista Renan transformou no 0-1. O temperan gol propiciou que o Arenteiro cedese o balón ao Rapido, nun dominio bastante ficticio que non se traducía en perigo real sobre a portería do Arenteiro, pola contra a mellor ocasión desta primeira parte foi para o Arenteiro nun testarazo de Joni que acertou a despexar por dúas veces o exarenterio Rui, agora defendendo a meta do equipo boucense.
O partido púxose de cara xa na segunda parte cando un centro de Eimil foi rematado de cabeza por Javi Pazos, desta vez Rui non pudo evitar o 0-2. Pero todo se torceu no minuto 67, cando o árbitro interpretou mans de Portela dentro da área, foi a xogada clave da mañá, porque ademáis de meter ao Rapido no partido (1-2) siñificou a expulsión de Portela por segundo cartón amarelo, deixando ao Arenteiro en inferioridade e con moito partido por diante. Tocaba sufrir, Alex Fernández retrasou a súa posición á defensa e o Arenteiro aguantou ata ceder o empate no último suspiro do partido.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...