O cribado do Irixo rexistra unha participación do 77, 7%, a máis alta entre os cribados feitos na comarca ata agora
Ao cribado convocado polo Sergas no polideportivo municipal acudiron 389 persoas do total das 500 que foron citadas a participar, o que representa unha participación do 77,7%, a máis alta entre os seis cribados -incluido éste- que se levaron a cabo na comarca. Os resultados coñeceránse nas próximas horas.
Nos últimos dias diagnosticáronse 5 positivos neste municipio, 4 deles vinculados a un mesmo foco familiar, o que levou ao comité clínico a elevar o nivel de restricións no concello do Irixo, que este venres dia 2 de Abril pasará a nivel alto, o que implicará que a hostalaría so pode atender en terraza cunha ocupación do 50%.