Espiñedo vibra cun Arenteiro que acariña o ascenso tras vencer ao Lugo B

10, Abril 2021

Un gol de penalti transformado por Renan Zanelli valeu ao Arenteiro para doblegar aos lucenses e deixalos a 8 puntos de diferencia na loita polo ascenso directo á Segunda RFEF, un triunfo clave nas aspiracións dos verdes cando restan 4 partidos para completar esta segunda e decisiva fase na terceira división.

Había moito respecto en Espiñedo ao Polvorín-Lugo B, un equipo plagado de xóvenes futbolistas -varios deles debutaron xa co primeiro equipo- que chegaba a O Carballiño cun único partido perdido nos últimos 16, e varias semanas sen encaixar gol. Pero enfronte estaba este Arenteiro, e esto son palabras maiores.

Tanto os afeccionados que vibraron co equipo en Espiñedo, como os que poideron facélos a través das cámaras da Televisión de Galicia, que retransmitíu en directos, poideron ver un moi intenso partido de fútbol, con dous grandes equipos, que sabían o moito que se xogaban. Cun Arenteiro que levou o peso do partido e infranqueable que, igual que a pasada xornada en Somozas, anulou ao rival sen concederlle oportunidades ante a portería de Diego García, que tan so tivo que aparecer xa preto do final para que os 3 puntos quedasen no casilleiro do Arenteiro.

A xogada clave da tarde chegou no minuto 44, penalti na área lucense que Renan Zanelli executa con solvencia para marcar o 1-0 que xa sería definitivo. Despois, unha polémica decisión arbitral, anulando por suposto fora de xogo o que pudo ser o gol da tranquilidade para o Arenteiro. Pero as vitorias con sufrimento saben moito mellor.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...