O Comité Clínico pasa O Carballiño a nivel baixo de restricións e deixa a O Irixo en nivel medio.
O Carballiño (12 casos) e O Irixo (4 casos) son os dous únicos concellos da comarca que manteñen contaxios activos de coronavirus, na última actualización de datos feita por Sanidade correspondente ao martes 13 de Abril.
Para ambos municipios trouxo novidades a reunión do comité clinico. Para O Carballiño, que está en nivel medio de restricións pasará ao nivel máis baixo, o cámbio afecta á hostelaría que amplia aforos, pasando do 30% en interiores e 50% en terraza a unha ocupación autorizada de ata o 50% en interior e o 75% en terraza, a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 16.
Polo que respecta ao concello do Irixo, aínda en nivel alto, pasará a nivel medio, polo que a hostalaría poderá volver atender no interior dos locais, cunha ocupación do 30% e do 50% en exteriores.
Sen novidades para o resto de concellos, que permanecerán todos no nivel máis baixo de restricións.