O Carballiño (-0,3%) único concello da Galicia Central que se salva da sangría demográfica durante a última década, fronte a Lalín (-5%) A Estrada (-6,5%) Monforte (-6%) ou Chantada (-9%)
O Carballiño é, entre os concellos con maior poboación da Galicia Central e tamén na provincia de Ourense, o que mellor resiste a sangría demográfica no transcurso da última decada, según os datos oficiais dos padróns municipais publicados polo INE.
Asi, observamos que no periodo 2010-2020 O Carballiño perdeu 47 habitantes, pasando dos 14.136 que tiña no ano 2010 aos 14.089 que rexistra en 2020, un retroceso de apenas o 0,3% da súa poboación municipal, mentres que os outros concellos máis importantes da chamada Galicia Central presentan datos moito máis negativos.
Neste mesmo intervalo de tempo, o concello de Lalín perdeu o 5% da súa poboación, a capital do Deza ten dez anos despóis 1.009 habitantes menos. A Estrada, que en 10 anos experimentou un descenso de 1.477 habitantes, o que representa a perda do 6,5% da poboación que tiña este concello en 2010. Tamén é relevante o descenso da poboación de Monforte de Lemos, o 6%, ao perder 1291 veciños no padrón municipal . E aínda peor é o caso do concello de Chantada, cunha perda do 9% dos seus habitantes.
Se repasamos os datos dos principais concellos da provincia de Ourense, tamén vemos que todos eles tiveron un comportamento demográfico moi negativo. A capital provincial, o concello de Ourennse perdeu preto do 3% da súa poboación na última década, e os outros dous concellos máis poboados da provincia, despois do Carballiño, que son Verín e O Barco de Valdeorras perderon -respectivamente- o 5% e o 7% da súa poboación durante os útimos dous lustros. Unha sangría demográfica da que parece salvarse O Carballiño con esa perda de apenas o 0,3% na segunda década do século 21.