O Grupo Valtalia dedicará a antiga Laminor no parque empresarial do Carballiño á fabricación de bolsas de papel, creando 50 postos de traballo
Despois da entrada en vigor do Real Decreto que limita o uso das bolsas de plástico, os hábitos están cambiando e mesmo obrigando á industria a dar un xiro nas súas liñas de negocio.
Asi o entendeu o grupo Valtalia, que utilizará as instalacións da antiga Laminor no parque empresarial do Carballiño, unhas instalacións que adquiríu fai unhos anos atrás, para iniciar un novo proxecto industrial que centrará a súa actividade na fabricación de envases e bolsas de papel. Cando estea a plena producción, creará 50 postos de traballo.
O Grupo Valtalia mantén dende fai anos a súa presenza no parque empresarial do Carballiño, a través de "Sociedad Gallega de Polímeros" (SOGAPOL) outra das empresas que forman parte deste grupo empresarial galego.