Todos os concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro nunha boa situación epidemiolóxica, pasan ao nivel máis baixo de restricións a partir do domingo
Todos os concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro están nunha boa situación epidemiolóxica, o que lles vai permitir entrar a partir deste próximo domingo dia 9 de Maio nunha nova etapa de volta á normalidade. Galicia, no seu conxunto, deixa de estar en peche perimetral.
Poderáse entrar ou saír da comunidade sen restricións. Manteráse un rexistro de viaxeiros nos que deben anotarse as persoas chegadas desde unha zona de incidencia alta. Os peches perimetrais manteranse nos municipios que superen os 500 casos a 14 días e os 250 casos a 7 días. Nestes momentos son Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro, Laza e Padrón.
Elimínase o toque de queda desde a medianoite do sábado ao domingo. O sábado o toque de queda xa será ata as 24.00 horas. Pero haberá excepcións: manterase ata as 23.00 horas nos municipios en situación de risco extremo (máis de 250 casos a 7 días ou 500 a 14) para o que se necesitará a autorización xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Amplíanse os horarios da hostalería: os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata as 1.00 horas.
Limitación de reunións de non conviventes entre as 1.00 e as 6.00 horas, unha medida que tamén necesitará autorización xudicial.