Espiñedo vivirá unha gran festa para celebrar o ascenso do Arenteiro á Segunda División Federación
O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.
Efectuará o saque de honra, José Luis Sobrino, xogador que foi tanto de CD Arenteiro como do Bergantiños FC na década dos 80. Ao acabar o partido, celebrarase no propio estadio ante a aficción o ascenso do noso equipo e será proclamado campión de liga o equipo que o consiga ese mesmo día.
Durante o sábado de 17:00h. h a 20:00 h. Así como o domingo dende as 15:30 habilítase un stand nas propias instalacións de espiñedo para despachar ao prezo de 5 euros camisetas conmemorativas do ascenso de categoría, ata fin de existencias.
Motivado pola situación sanitaria, non se fará celebración pública en ningún espazo que non sexa o propio estadio.
Os socios do club non teñen máis que achegarse á porta de Espiñedo e será suficiente que mostren o carné para entrar. Quen necesite entrada, deben de saber que se habilitarán os despachos de billetes o sábado pola tarde de 17h a 20 h. para despachar 100 entradas e o día do partido desde as 15:30 h. momento no que tamén se abrirán as portas para acceder ata completar aforo previsto autorizado.