O Carballiño e comarca saen do estado de alarma coa incidencia máis baixa de toda Galicia, con tan so 3 contaxios activos
A comarca do Carballiño deixa atrás o estado de alarma, que decae ás 00:00 deste domingo dia 9 de Maio, coa incidencia Covid máis baixa a nivel de toda Galicia. Tan so o concello do Carballiño mantén contaxios activos, que son 3 según a última actualización de datos feita por Sanidade, mentres que os 8 concellos restantes da comarca non rexistran casos activos de coronavirus, e todo eles -incluído O Carballiño- presentan o nivel de incidencia máis baixa nos indicadores a 7 e 14 dias.
No Ribeiro, Ribadavia ten 6 contaxios activos, Cortegada 2 e Avión 1. O resto de municipios ribeiráns non teñen casos activos de coronavirus.