Madrugada de actos vandálicos: queiman contedores do lixo e papeleiras no entorno da Praza Maior

22, Maio 2021

A Policia Local do Carballiño investiga os actos vandálicos rexistrados nesta pasada madrugada de sábado dia 22 de Maio, cando persoa ou persoas sen identificar prenderon lume a dous contedores do lixo na rúa Cesáreo Tizón, fronte ao supermercado Froiz, ambos arderon por completo.

E non moi lonxe, apenas a unhos poucos metros da casa do concello, tamén prenderon lume nunha das papeleiras ubicadas na fachada da Pulpería-Bar Praza, de feito as lapas afectaron ao toldo deste establecemento. Os bombeiros apagaron o lume, evitando que poidese propagarse a este edificio.

Non son os primeiros actos vandálicos destas características que se rexistran no Carballiño nos últimos dias, fai apenas unha semana que tamén resultou destruído polo lume outro contedor da recollida do lixo, ubicado na tamén céntrica rúa Xosé Pontes.