A Consellería do Medio Rural somete a información pública a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de varios montes que suman 50 hectáreas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar o anuncio da Consellería do Medio Rural polos que se someten a información pública os procedementos de inscrición de varios montes situados no municipio de Leiro no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.
Segundo informa o departamento autonómico, o proceso afectará aos montes de A Costa, Xirimelos, Val Escuro, Coto do Santo e Amidonda, dos que é titular a comunidade de montes veciñais en man común de Valboa e O Casar, neste concello de Leiro, dunha extensión de 50,93 hectáreas poboadas de carballos, castiñeiros e bidueiros.
Calquera persoa física ou xurídica poida examinar durante os dous próximos meses os documentos correspondentes a este expediente de inscrición no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense e presentar alegacións, se fose o caso. Coa inscrición neste rexistro os titulares poderán acceder de forma preferente a subvencións e axudas públicas, e mesmo ventaxes fiscais.