O Carballiño chega a final de Maio con 11 contaxios activos, O Irixo con 4 e Cea 2. Os concellos de Piñor, Beariz, Punxín e Maside non rexistraron ningún caso de coronavirus durante todo o mes de Maio.
O Carballiño chega ao derradeiro dia de Maio con 11 contaxios activos, a cifra máis alta durante o mes que agora remata, que estivo caracterizado pola incidencia máis baixa dende o verán do ano pasado. A cifra diaria máis baixa durante o mes de Maio foi de 3 contaxios activos.
Nos concellos da Comarca, O Irixo permanece con 4 contaxios activos, comezou con 1 caso o dia 14, logo incrementouse a 3, e finalmente despide o mes mantendo 4 casos, que ven notificando dende o pasado dia 26.
San Cristovo de Cea ten 2 contaxios activos, a cifra máis alta do mes, mentres que con 0 casos chegan a final de mes os concellos restantes da comarca: Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, Maside e San Amaro. Deles, catro concellos, que son os de Beariz, Piñor, Punxín e Maside non rexistraron ningún caso durante o mes de Maio. Outros dous concellos, Boborás e San Amaro notificaron un único caso.