O concello de Cea avanza no plan de dixitalización municipal: veciños, empresas e profesionais poderán realizar calquera trámite de forma virtual.
O concello de San Cristovo de Cea traballa para poñer a disposición da cidadanía un espazo virtual para acceder a información, os servizos e trámites electrónicos de carácter municipal, unha vez que se remate a implantación do plan de dixitalización do concello, tal como avanzou o concelleiro de novas tecnoloxias José Dalama.
Desta maneira, cidadáns, empresas ou profesionais poderán establecer relación oficial co concello de San Cristovo de Cea a través da rede "desde o seu teléfono móbil poderán ter acceso a a calquera trámite que precisen a través do certificado electrónico, calquera certificado que necesiten, notificacións, pagar unha taxa un imposto", explicou Dalama.
En definitiva, o concello de Cea pasará ter unha xestión virtual integral, que agora terá un novo impulso a través dunha achega económica por importe de 20.000 euros que para esta finalidade ven de conceder ao concello ceense a Deputación de Ourense.